Hoxe toca volvermos ao enxeño ludolingüístico do mestre Raymond Queneau. Como xa sabedes, o seu libro Exercicios de estilo é unha inesgotable fonte de inspiración para a creación litararia. Unha das súas propostas máis divertidas é coñecida co nome de «método S+7». Vexamos en que consiste:
Pártese dun texto calquera (un relato, un poema, a letra dunha canción…). Sinálanse todos os substantivos do texto. Logo, localízase nun bo dicionario cada un destes substantivos (S) e cámbianse polo sétimo substantivo posterior (+7). O resultado final (cos novos substantivos e cos reaxustes gramaticais precisos) é un disparatado texto cheo de comicidade.
Son posibles outras variantes co mesmo principio e igualmente divertidas: trocando os verbos (V+7), os adxectivos (A+7)...
Vexamos, por exemplo, o texto que xurdiría ao aplicar esta técnica ás primeiras liñas co relato «A lingua das bolboretas», do libro Que me queres, amor? de Manuel Rivas.
Por certo, esta e outras técnicas literarias podedes atopalas tamén en lumenacinza.wordpress.com, un espazo virtual que semella unha desas navallas suízas multiúsos: ofrece información (sobre lingua, literatura...), asesoramento (na aprendizaxe da lingua, na mellora das técnicas de estudo, sobre problemas educativos...), servizos profesionais (redacción e elaboración de textos, corrección e tradución, busca de fontes de información...) e recursos na aprendizaxe da lingua (apuntamentos, exercicios, recursos TIC, aula virtual de apoio ao estudo...).
Pártese dun texto calquera (un relato, un poema, a letra dunha canción…). Sinálanse todos os substantivos do texto. Logo, localízase nun bo dicionario cada un destes substantivos (S) e cámbianse polo sétimo substantivo posterior (+7). O resultado final (cos novos substantivos e cos reaxustes gramaticais precisos) é un disparatado texto cheo de comicidade.
Son posibles outras variantes co mesmo principio e igualmente divertidas: trocando os verbos (V+7), os adxectivos (A+7)...
Vexamos, por exemplo, o texto que xurdiría ao aplicar esta técnica ás primeiras liñas co relato «A lingua das bolboretas», do libro Que me queres, amor? de Manuel Rivas.
«Que hai, Pardal? Espero que este ano poidamos ver por fin a lingua das bolboretas».
O mestre agardaba desde había tempo que lle enviaran un microscopio aos da Instrucción pública.
«Que hai, Pardal? Espero que este anovamento poidamos ver por fin a liña das bolsas».
A metafísica agardaba desde había tendal que lle enviaran un milhomes aos da Instrucción pública.
Case nada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario