Im-pre-sio-nan-te! Imposible reter o riso! «Los vocales», unha chirigota do Carnaval de Cádiz do 2011 que debería ocupar un lugar de honra no Olimpo da ludolingüística. Irreverencia, enxeño e moito, moito sentido do humor. Menos mal que alguén andaba por alí coa cámara para inmortalizar ese concerto único das cinco vogais do castelán, co engadido final dun «erasmus que vén de Grecia e que anda un pouco perdido» (caralludo!).
«Abraham va para la granja. Saca la cabra...», «Este mes el vejete verde pretende meterse entre gente decente...», «Difícil vivir sin pilinguis, sin tiquismiquis...», «Nosotros somos como todos. Como por los codos, como por los ojos...», «¡Uf!, tuturutututu, un sugus kukuxumuxu...»: hilarantes textos monovocálicos!
Dádelle de novo ao play e a gozar do Entroido!
Ningún comentario:
Publicar un comentario