Como pintaría Matisse a letra D? Como pintaría Mondrian a letra H? Como pintaría Van Gogh a letra N? Como pintaría Picasso a letra P?...
A ilustradora estadounidense Audree Rowe decidiu poñerse na pel destes artistas universais e doutros 21 máis e imaxinou como serían os seus cadros cunha letra do alfabeto como tema. Todo pintado á man, respectando as súas técnicas, as súas cores... Pezas que transmiten todo o xenio creativo deses pintores e que, en lugar dun espazo nun museo, ocupan as páxinas do libro Art in the Alphabet. Unha obra orixinal e fascinante para amantes da arte e tamén para amantes da lingua.
Velaquí tedes o vídeo de promoción da obra, editado ademais a xeito de xogo. Canto sabes de pintura? Es que de adiviñar cal é o «autor» de cada cadro antes de que apareza o seu nome?
Ningún comentario:
Publicar un comentario