De novo atrapoume un aquel nostálxico (terei que facermo mirar!). Foi ver este videoxogo chamado Vetica e retrocedín ata os primeiros 80 do século pasado. Daquela toda a rapazada quedara coa boca aberta ao enredar cos videoxogos por primeira vez. Que marabilla aqueles Atari! As súas máquinas de marcianiños convertéronse decontado nas raíñas dos salóns recreativos. Seguía a entreter o futbolín ou as pinball, mais o primeiro que buscabamos sempre era a partida no Pacman, no Space Invaders, no Donkey Kong... Os mellores naqueles xogos espertaban auténtica admiración: pequenos heroes Jedi locais.
Se algunha vez vivín algo próximo a unha ludopatía, penso que foi daquela: as moedas de cinco pesos axiña voaban pola ansia de remexer no joystick e machucar nos botóns.
Este Vetica está pensado precisamente para geeks nostálxicos coma min e para xente nova con predilección polos «retro-xogos». Co aliciente engadido de ter só letras como protagonistas. Nun xogo de batallas espaciais a medio camiño entre o Space Invaders e o Asteroids, o teu «Falcón Milenario» é unha simple letra «A» helvética. As demais letras do alfabeto e outros símbolos tipográficos (tamén da mesma fonte helvética) intentan acabar contigo. Debes destruílos ti antes, abrirte camiño a través de 13 niveis e acumular a maior cantidade de puntos.

Contas con 12 armas diferentes, a posibilidade de minorar a velocidade, de recuperar vidas... En fin, misión doada! Adiante, que a forza da letra «A» helvética te acompañe!
Polo que vin, só dispoñible en App Store.
Ningún comentario:
Publicar un comentario