26 de mar. de 2016

O mundo está cheo de sons

 

De novo a voltas coa apaixonante ciencia da onomatopea. Engaiolado sempre (como podes comprobar aquí ou aquí) pola incrible diversidade de voces que un son pode xerar segundo a cultura que o interprete.

Ese mesmo estraño feitizo caeu sobre ilustrador James Chapman, creador de Soundimals, un recuncho de Tumbir cheo de marabillosas láminas coas onomatopeas xurdidas en diferentes linguas para un mesmo son (o ladrido dun can, o chío dun paxariño ou mesmo... un peido).



 

E outra engaiolada polo asombroso poder da onomatopea é Arika Okrent, experta en psicolingüística e linguaxes artificiciais. Ela é a autora do instrutivo vídeo que pecha a entrada. Nel explícanos, en inglés, por que no mundo temos diferentes onomatopeas para un mesmo son animal. Non deixedes de visitar a súa canle de Youtube, chea doutros fantásticos vídeos sobre lingüística («Como comezou a linguaxe?», «Por que é tan estraña a ortografía do inglés?»...)


2 comentarios:

A profa dixo...

Marabillosa entrada.
Ademais vouna reutilizar axiña. Grazas.
Parabéns!

Carlos L. Medrano dixo...

Graciñas, Pilar.
Para traballar a diversidade lingüística eu hai tempo que comezo polas onomatopeas. Quedan pampos!
Unha aperta moi forte.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...