23 de mar. de 2016

Parellas imposibles e falsos amigos


 


 

 

Non, a entrada de hoxe non trata das difíciles relacións interpersoais. As imaxes iniciais amósannos outra brillante proposta de Zarampagalegando para aprendermos lingua de forma visual. Unha mostra ben amena de que unha imaxe, se non vale exactamente mil palabras, si pode aclarar mil dúbidas.

Neste caso, coa idea feliz das «parellas imposibles», a Churrusqueira fainos ver, de forma ilustrada, cales son os falsos amigos que cómpre evitar en bo galego. A Wikipedia define falso amigo como «unha palabra doutros idiomas que se parece (na escritura ou na pronunciación) a unha palabra na lingua materna do falante, mais que ten un significado diferente». Esa similitude formal (homonimia ou paronimia) provoca unha chea de interferencias; no noso caso, especialmente, co castelán.

Por exemplo: o caso da vela galega e da vela castelá. Os galegos temos de noso velapeza de tecido resistente que, ao recibir o impulso do vento, fai avanzar unha embarcación’ e candeaobxecto cilíndrico de cera que leva unha torcida no seu interior e serve para alumar’. Como ben sabemos, o castelán vela, que posúe nese idioma ambos os dous significados anteriores, tornou en falso amigo que favoreceu a interferencia dunha vela foránea que despraza a nosa lexítima candea.

Graciñas, Churrusqueira, por botar luz ao tema!

2 comentarios:

Churrusqueira dixo...

Grazas pola publi. Revisa o teu último post sobre os ambigramas pq non vai. Unha aperta!

Carlos L. Medrano dixo...

Graciñas, Churrusqueira. Aproveitei as túas «parellas imposibles» para introducir o concepto de «falsos amigos». Tal cual o tes ti está redondo. De feito, eu case lles chamaría... «parellas perfectas».
Respecto da entrada de ambigramas, publiqueina por erro antes de tela pechada. Elimineina. Por iso che saltou o aviso e non a atopas.
Un saúdo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...