Velaquí un título máis para a nosa «bibliografía ludolingüística básica»: Enredando nos antropónimos (2012), da filóloga Xulia Marqués Valea. Este volume, editado magnificamente por Galebook, pretende achegarlle ao alumnado de Educación Primaria, de xeito lúdico, o mundo dos nosos nomes propios, apelidos, hipocorísticos e alcumes.
O libro inclúe 13 fichas con actividades para desenvolver nas aulas, ademais dun CD cunha sección dedicada aos apelidos galegos e cun compendio de material didáctico en formato dixital.
Xeróglifos, trabalinguas, acrósticos, lipogramas e moitos outros recursos ludolingüísticos son a base de boa parte das propostas didácticas. E outras teñen como punto de partida unha coidada selección de textos literarios de autores como Xoán Babarro, Ana María Fernández, Paula Carballeira, Xelís de Toro, Lewis Carroll ou Gianni Rodari.
O poeta Sorellini, que se chama de primeiro nome Alberto e de segundo Alberto, é o xefe dunha banda de poetas que escriben letras para cancións e de músicos que escriben cancións para letras. Tamén coñecido por «o Poeta Chorón»...Gianni Rodari, Contos á máquina
Unha proposta ben fermosa que se ve complementada con outra ferramenta da mesma autora: Antroponimizando. Proposta dixital educativa para traballar cos nomes e apelidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario