Velaquí un novo e sinxelo enredo para a nosa serie de enigmas. Desta volta, co seu aquel criptográfico.
O caso da espionaxe industrial
A detective Xulia Xelmírez foi requirida por SEMPRESÁN, unha importante compañía de laboratorios farmacéuticos. A empresa estaba a piques de lanzar un novo medicamento revolucionario e os seus directivos sospeitaban que estaban a ser espiados, con certeza pola súa principal competidora.
Despois dunhas primeiras pescudas, Xulia Xelmírez descubriu dúas notas sospeitosas no escritorio dun dos executivos de SEMPRESÁN. Eran difíciles de interpretar, mais a detective estaba certa de que nelas estaba a chave para demostrar que ese empregado era o espía que buscaban. Este era o texto literal das notas:
Nota 1
DIN OSQ UEM EDICA MEN TOIDES SA CARECAN DOO FAR E DES.Nota 2Afortunadamente, Xulia Xelmírez era unha grande experta en criptografía, é dicir, en interpretar mensaxes cifradas, e non tardou en demostrar que aquel executivo era o espía que buscaban.
SEMOR IED NIVO E ASRE MIEH ZLAO ART NOCANICA VAVON AHN UE.
Que dicían as notas?
Solución ao enigma «Alicia no Bosque do Esquecemento» (27-9-2014)
Era xoves. Dado que os dous personaxes menten en días diferentes, é evidente que un está a dicir a verdade e que o outro non. Xa que logo, ao que di a verdade tocáballe mentir a véspera e ao outro ao revés. Así deducimos que o día en cuestión é o único en que se produce o cambio na sinceridade de ambos os dous: o xoves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario