Se vos gustan estas imaxes que ilustran sinónimos, preposicións ou campos semánticos, tedes que facervos seguidores de Zarampagalegando, o meu último pequeno gran descubrimento. Un blog cheo de espírito crítico, sentido do humor e moito amor pola lingua.
A súa creadora, «A churrusqueira», explica así como concibiu para o seu recuncho na arañeira ese nome sesquipedalista.
A súa creadora, «A churrusqueira», explica así como concibiu para o seu recuncho na arañeira ese nome sesquipedalista.
Comezarei explicando o nome do blog: tiña outras palabras na mente (zaragalladas, churrusqueiradas, fervellasverzas) pero xa estaban «pilladas», así que tiven que inventar un neoloxismo: mesturei zarampallada (barullo de cousas) e galegando (non existe, pero enténdese).
Como tantas veces na vida, unha cambadela pode acabar sendo boa cousa; así que agora estou contenta de que o meu blog teña un nome que ata hoxe non existía.
Un blog de visita obrigada que recende a retranca e brincadeira. Aí van as miñas etiquetas favoritas: retranca, microrrelato, dicionario visual ou churrusquenciclopedia. Botádelle unha ollada!
3 comentarios:
Moitísimas, ho! Eu cheguei ao teu blog a través do de Cibrán e tamén achei moitas cousas de interese, que roubei sen pena nin culpa, como o rap lipogramático.
Un prazer! Para iso andamos por aquí: copiar, pegar, divulgar... Andarei atento a todo o que vaias publicando. Unha aperta
Un pracer! Estes dedos rápidos... ;-)
Publicar un comentario