Os nomes comerciais e os deseños de logotipos non adoitan crearse ao chou. A mente sempre fervente dos publicistas sérvese decote da ludolingüística para inspirar as súas creacións. Xa temos visto marcas monogramáticas, ambigramáticas e monovocálicas.
Hoxe, unha listaxe de nomes comerciais palindrómicos, é dicir, que tanto se len do dereito como do revés. Designacións que resultan eufónicas ao oído e brillantes á vista. Outro exemplo máis do enxeño creativo na publicidade. E a orde? Pois sinxelo, dos máis breves aos máis longos. Aí van:
Para moi nostálxicos, deterxente ESE
Máis deterxentes: OMO
Arroz valenciano SOS
Pegamento alemán UHU
Buscador para as vacacións KAJAK
Clara de ovo pasteurizada OVONOVO
Colectivo de deseño internacional OVONOVO
OROBORO, produtora audiovisual compostelá
































