A «lingua do P» é ese xogo que consiste en falar engadíndolle ás palabras, antes ou despois de cada sílaba, outra que comece coa letra «p», ben cunha única vogal (música = múpesipecape), ben repetindo a mesma vogal da sílaba orixinal (música = múpusipicapa).
Lempebropo xopogarpa apa ispitopo depe pepequepenopo. Epe vóspo? Apaínpidapa quepe nonpo seipe sepe epesepe eperapa opo nopomepe quepe llepe dapabapamospo.
Como acabamos de ver, este enredo ten o seu aquel criptográfico. Usada de forma fluída e rápida, esta forma lúdica da fala pode resultar case incomprensible para non iniciados.
O mellor é que para falar a «lingua do P», isto é, para identificar e separar sen grandes dificultades cada sílaba, ninguén necesita saber a súa definición. De feito, penso que é máis difícil definir sílaba que distinguila. Digamos que para o falante a sílaba é un concepto máis intuitivo ca científico.
E volvendo ao xogo: sabiades que é internacional? Co mesmo funcionamento básico, podémolo atopar en castelán (jerigonza), en italiano (alfabeto farfallino), en xaponés (babigo), en húngaro (madárnelv), en hebreo (bet-language)...
Por certo, falando do hebreo, unha curiosidade: Coñecedes a canción israelí «Abanibi»? Os dinosauros coma min e os fans eurovisivos lembrarán este tema pegadizo que gañou o Festival de Eurovisión de 1978 e logo arrasou por toda Europa. Pois no seu miolo está a versión hebrea do xogo. Así, o seu refrán Abanibi obohebev obotabach é en realidade Ani ohev otach (Ámote). Aí queda iso!

Ah! E non perdades esta noticia sobre a recente entrada da voz abanibí no dicionario da Real Academia Española. Unha xoia do mellor humor ludolingüístico do esmendrellante elmundotoday.com. Ha! Ha!
Solución adiviñas (17-7-2013): A pereira tiña unha soa pera (xógase co número do substantivo: non comeu «peras», nin baixou «peras», nin deixou «peras»). / A letra «m» (está en «minuto», «semana» e «mes» mais non en «ano»). / Dúas zocas e dúas medias (xógase coa hominima de «media» ‘Peza de roupa’ e «media» ‘Que constitúe a metade de algo’).
Ningún comentario:
Publicar un comentario