Xa vimos noutras entradas, como aquí ou aquí, que a combinación de tipografía e imaxinación pode crear marabillosas pezas de arte. É o caso tamén da animación Typolution (2007), do deseñador francés Olivier Beaudoin. Unicamente con tipos gráficos (letras, parénteses, acentos...), ofrece unha visión metafórica da contradición entre a natureza e o desenvolvemento humano. O peche do vídeo, co signo de interrogación, simboliza á perfección incógnita do noso futuro. Algo importante no que cavilar.
Esta animación, que recibiu numerosos premios internacionais, resulta aínda máis fermosa grazas á súa banda sonora: o tema «Nostrand» do grupo novaiorquino de rock electrónico Ratatat.
Dádelle de novo ao play e a gozar de Typolution.
Solución aos chistes de Xosé Lois (28-6-2013): Paronimia (email - e maila). Calembur (estímulo - es ti mulo). Polisemia (dependente ‘empregado que atende os clientes nun comercio’ - dependente ‘que depende’). Homonimia (sede ‘sensación producida pola necesidade ou a gana de beber’ - sede ‘dominio principal dunha determinada organización’).
Ningún comentario:
Publicar un comentario