Aló polo 2008, o rapeiro alacantino Nach e a axencia de publicidade BAP & Conde tiveron unha boa lea por mor da campaña «Sólo con condón». O músico denunciaba que os publicistas fixeran con ela unha «adaptación non autorizada» do tema «Efectos Vocales», do seu álbum Un día en Suburbia editado aquel mesmo ano.
Tanto a canción de Nach como a campaña publicitaria explotaban, a ritmo de rap, unha técnica que xa nos resulta familiar: o monovocalismo. Xulgade vós mesmos.
Certamente, os dous vídeos comparten certa estética e tamén o miolo monovocálico, con «condón» incluído. Con todo, os creadores da campaña, que tiña como obxectivo fomentar o uso do preservativo entre os mozos, argumentaron, non sen razón, que os dereitos de autor non outorgan o monopolio de recursos creativos como o monovocalismo, presente xa en textos clásicos e tamén en obras contemporáneas.
Habería que ilustrar a Nach sobre o amplo universo dos textos monovocálicos no eido poético, teatral, musical...
Ningún comentario:
Publicar un comentario