Lembrades aquel fantástico xogo do Escatumbararibé? Un xogo con canción (ou unha canción con xogo) a medio camiño entre o trabalinguas e os malabares.
Moitos dos nosos recitados e cancións tradicionais, como sabemos ben por orellapendella.org, tamén toman forma de xogos infantís. Pezas populares que de sempre serviron como recurso para a integración e cohesión no grupo e que, ademais, son parte substancial do noso acervo cultural.
Para comprobardes que moitos destes xogos de noso non desmerecen daquela marabilla brasileira, aquí deixo dúas probas: «Pato Donald foi a feira» e «Na rúa 44». Dei con elas no magnífico blog Enredamos do CEIP Campolongo (Pontevedra), que ofrece unha ampla compilación de xogos populares.
Dous vídeos que amosan ás claras o proveito didáctico destes enredos: favorecen a memoria, a atención, o sentido do ritmo, a coordinación de movementos...
Que? Animádesvos a xogar e a cantar?
Que? Animádesvos a xogar e a cantar?
Solución aos rebus (7-7-2013): Máis vale tarde que nunca [mais V, a le, T arde, que num ka]. O mundo é uma escada, uns sobem e outros descem [o, mundo, e, uma escada, uns sobem e outros descem]
Ningún comentario:
Publicar un comentario