Para comezar o ano, un afabeto realmente insólito, obra de Eric Tabuchi. Este fotógrafo francés goza elaborando series de imaxes que recollen variantes dun mesmo elemento. Unha especie de obsesión creativa baseada na acumulación de escenas equivalentes.
Unha mostra desta «pulsión coleccionista» son os abraiantes abecedarios que presentamos deseguido. Letras da parte traseira de grandes tráilers fotografadas en movemento. Todas tomadas na mesma posición e distancia. Imaxino o pobre Eric percorrendo miles de quilómetros de autoestrada á busca camións con logos de grandes letras ata completar o abecedario. Un esforzo colosal, co azar como aliado, que tivo como culminación os libros Alphabet Truck (2008) e Alphabet Truck. Vol. 2 (2009)
2 comentarios:
Engaiolante.
E canto monóxido tragado! Máis mérito aínda! ;-)
Publicar un comentario