16/12/2013

Unha lingua para xogar



Un video cheo de forza e de imaxinación que nos amosa, ben ás claras, o poder da vertente lúdica do idioma. Os xogos verbais, máis alá do entretemento, son un dos mellores síntomas da vitalidade dunha lingua e, tamén, unha ferramenta privilexiada para a súa dinamización. Algo que, polo que vemos no vídeo, saben ben na Direcció General de Política Lingüística do Gobern catalán. Este é o texto oficial que acompaña o vídeo.
O catalán dispón dunha ampla oferta de xogos lingüísticos: desde os pasatempos para xornais (sopas de letras, encrucillados), pasando por xogos como de mesa como Scrabble ou o Intelect, ata concursos televisivos como El Gran Dictat ou Picalletres. A dimensión lúdica da lingua catalá, ben enraizada e popular, arrínca da cultura tradicional e proxéctase con forza ao mundo dixital, con versións en catalán de aplicacións tan exitosas como Apalabrados, entre outros. Este potencial creativo do catalán sintetízase nun video que foi presentado na cerimonia de clausura do «Centenari de les Normes Ortogràfiques» e que amosamos deseguido. Animámosvos a compartilo nas redes sociais! Catalán, unha lingua para xogar!
Como outras veces, grazas mil ao blog amigo de Carta Xeométrica por nos dar a coñecer este vídeo. Non podo estar máis de acordo co seu lúcido comentario: mágoa non termos nada semellante no anémico panorama das nosas iniciativas oficiais a prol da lingua.

En todo caso, fagamos nosa a apaixonante andaina da letra «ç» e teimemos en xogar coa lingua!

2 comentarios:

Cibrán dixo...

Cando escribín a entrada fíxeno pensando que che había gustar o vídeo. Vexo que acertaba.

Carlos L. Medrano dixo...

Si que acertabas. Grazas por esas entradas fresquiñas imprescindibles para estarmos ao día.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...