30/03/2016

Os 10 mellores logos ambigramáticos

Para facer un logotipo que sobresaia dos demais, os deseñadores deben espremer ben os miolos e tirar todo o proveito da súa creatividade. Unha das técnicas máis efectivas neses deseños é o ambrigama. Xa sabedes, un texto que pode ser lido na posición normal e tamén cando a imaxe xira 180 graos.

Hai tempo trouxemos por aquí o que posiblemente foi o primeiro logo ambigramático: o dos mistos Chump, que vemos á dereita, publicado en 1908.

Pescudando na arañeira, é posible dar cunha boa cantidade de ambigramas que serven de distintivo a todo tipo de marcas. De entre eles, seleccionei os dez que máis me gustaron. De non concordardes coa miña escolla, podedes facer visitar, por exemplo, a galería de Logopond e elaborar as vosas propias listaxes.

10. Oysho
 

 

8. Odigo
 

 

6. Pig
  

 

4. Dynamo 
 

3. New man
  

2. Be bop
 

2 comentarios:

Cibrán dixo...

Vouche deixar aquí a referencia a un dun blogue de matemáticas: http://espejo-ludico.blogspot.com.es/

Carlos L. Medrano dixo...

Graciñas, Cibrán.
Coñecíao. De feito téñoo entre as miñas "lambetadas" (blogs recomendados). É realmente boísimo e xa dos veteranos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...