Como xa sabemos, o equivalente lingüístico ao número capicúa (17371) é a palabra palindrómica (radar): lese igual de atrás para adiante e de adiante para atrás.
Cando as secuencias palindrómicas se converten en versos, mesmo poden xurdir marabillosos poemarios como xa vimos no volume A torre da derrotA, de Gonzalo Navaza.
Mais... que ocorre cando ese camiño de ida e volta se aplica á estrutura dun texto máis amplo, aos seus elementos sintácticos (frases e oracións)? Pois que a mensaxe do texto deixa de ser simétrica, é dicir, o seu sentido pode cambiar por completo. Por exemplo, non é o mesmo [POLA TÚA CULPA] [XA SABEMOS QUE] [UXÍA MARCHOU] que [UXÍA MARCHOU] [XA SABEMOS QUE] [POLA TÚA CULPA].
Hai un tempo, grazas á inesgotable fonte de información e recursos que é trafegadoronseis, descubrín unha orixinal curtametraxe (en castelán) chea de humor que exemplifica ben esta idea.
Titúlase «Mensaje Post-It-ivo» e o seu autor, o Doctor Resaca, introduce así o seu argumento:
Un rapaz namorado decide sorprender a súa moza: cómpralle un iPod e baixa as súas cancións favoritas para gozaren xuntos delas.
Idea un xeito especial para lle dar o agasallo: acompañándoo dunha orixinal mensaxe de amor.
Todo está calculado. Nada pode saír mal.
Ou polo menos iso pensaba ;-) Aí vai o vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario