Pois si, unha entrada máis da nosa
«Gramática xeroglífica». Con anterioridade vimos como na resolución dun xeróglifo poden ser pertinentes diversos factores: a posición dos elementos que contén, a súa cantidade, a súa calidade...
Hoxe veremos como, de cando en vez, os xeróglifos presentan os seus elementos en acción; é dicir, as letras, números ou figuras que aparecen neles están a facer algo. Se enunciamos correctamente esa acción, acabaremos dando coa solución do pasatempo. A categoría clave nestes casos adoita ser o verbo:
Verbo: andar, correr, saltar, voar...
Aí vos deixo catro novos xeróglifos para romperdes a cabeciña. Esta vez, lembrade, todo é unha cuestión «de acción».
|
Que opinas dese soldado? |
|
Onde está o teu curmán Paulo? |
|
Por que cres que non podo durmir nesa cama? |
|
A onde pensaba ir Estevo este domingo? |
Solucións aos xeróglifos (25-6-2012): O sogro só (Óso groso) / O noso partido (O nós o partido) / Granate (Gran a te) / Segundo el, é negro (Segundo ele negro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario