15/04/2014

Relatos mnemónicos de π [1]

 
Nas miñas viaxes pola arañeira á procura de valiosos achados ludolingüísticos dei cunha curiosa entrada en microsiervos. Daba conta do primeiro Concurso de Relatos Mnemónicos de π. Un certame literario cun requisito básico: cada microrrelato debía formarse cunha secuencia de palabras cuxo número de letras fose determinado polas primeiras vinte cifras do número pi

3,1415926535897932384


Isto é, a primeira palabra tería 3 letras, a segunda 1, a terceira 4, a cuarta 1... e así ata completar, se é posible, as vinte primeras cifras desa célebre constante matemática

Os organizadores difundiron este texto como exemplo de tan peculiar norma:
«Oía a Sara y Julia conversar de camino hacia sus casas. Mientras observaba entendí, conmovida, que al fin lograban amar».
Foi a Universidade de Alcacante a promotora desta iniciativa, que ademais contaba cun lema magnífico: «A matemática é a poesía da ciencia». Fermoso!

Eu aventuro este inicio para algún outro microrrelato en galego:
«Viu o lobo e fuxiu. Escoitaba as poutas...»
Queredes continualo? Ou preferides crear algún outro desde o comezo?

2 comentarios:

Cibrán dixo...

Tamén lle chaman Esopías a este tipo de relatos. AGAPEMA e EducaBarrié convocaron a II edición e estás a tempo de enviar a túa.
http://mateblog.educabarrie.org/concurso-de-esopias/bases-do-concurso/
No meu centro fixemos un concurso para enviar as mellores a este concurso, velaquí a nosa gañadora:

http://mateblog.educabarrie.org/obras/son-o-mito-o-fogar/

Carlos L. Medrano dixo...

Grazas mil, Cibran. Agora mesmiño me poño coa segunda parte da publicación. Quedaría coxa sen a túa achega.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...