6 de xan. de 2016

«SÓS», de Marina Wisnik









Velaquí unha nova vítima atrapada na tea de araña do palíndromo. Chámase Marina Wisnik, é de São Paulo e vén hoxe onda nós polo seu libro de palíndromos SÓS.

Disque Marina, poeta e «cantora», xa lle comezou a coller o gusto a isto de crear enunciados reversibles aos 13 anos. O seu meritorio primeiro palíndromo foi:
Lá vou eu em meu eu oval.
En SÓS, editado por primeira vez no ano 2008, recolle un conxunto de textos simétricos cun carácter entre poético e filosófico. O volume preséntase case como un obxecto de artes plásticas: unha caixa que contén 28 láminas serigrafadas en cores e materiais diferentes, interactuando co concepto de cada palíndromo.

2 comentarios:

Rosa Mª García Vilariño dixo...

Feliz ano e coma non, felices xogos! que nos van aledar o ano empezado.
Saúdos

Carlos L. Medrano dixo...

Feliz ano tamén para ti, Rosa. A ver se che é util algo do que vaia aparecendo por aquí. E grazas mil pola fidelidade! Unha aperta.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...