24 de maio de 2016

Pola rúa e... zas, foto! [1]

 

En exclusiva, o novo logo da Real Academia Galega, na súa reformada sede da rúa Tabernas da Coruña. Sen dúbida, un deseño cun aire máis dinámico e actual. Un vibrante globo de exclamación que quere representar vitalidade e modernidade. Xeitoso, non si?

Brincadeiras á parte, a fotografía corresponde en verdade ao letreiro dunha zapataría de Viena. Hai un par de veráns, de paseo polo centro da cidade, dei casualmente co rótulo. Foi velo e... zas, foto! Non puiden evitar lembrar a sigla da nosa Academia!

     

Así, de cando en vez, o ollo do ludolingüista atento descobre rarezas por aquí e acolá. Ocorreume algo semellante hai uns días na rúa Luís de Camões da Coruña. Ao pasar pola beirarrúa, un trazos inconexos de cores no enreixado dun local de tatuaxes ían collendo forma segundo me arredaba deles. Ao ollar a fachada desde un punto de vista lateral, aparecía a palabra «Tatoo». Un fermoso xogo de anamorfose, se cadra involuntario, pois coa reixa pechada a lectura xa non dependería da perspectiva. En todo caso, apañei o mobil e de novo... zas, foto!

 

E está claro que non son o único con esta «deformacion» da ollada ludolingüística, como vemos nesta xoia fotografada en Ourense. Pablo Grande, un dos creadores do xenial Un arácnido unha camiseta, descubriu na entrada dun bar ourensán esta ocorrente expresión da ambigüidade homonímica: «Hoxe morro». Entre publicidade gastronómica e a predición fatalista. Que marabilla! Zas, foto!

2 comentarios:

Churrusqueira dixo...

Estaría ben o novo logo para RAG, se non fose pola cara de desgusto que lle quedou ao G ao lle poñer olliños. Ha!
O de morrer hoxe tamén podería valer para explicar a importancia de saber usar a coma, coma (coma ao cubo) na foto de Pablo Alborán cun titular non sei se malintencionado que circula por aí.
https://www.google.es/search?q=pablo+alboran+reina&biw=1242&bih=642&site=webhp&tbm=isch&imgil=SNH05_r2vcv6CM%253A%253BJQ2yXBo_Qw_PYM%253Bhttp%25253A%25252F%25252Fecoteuve.eleconomista.es%25252Fecoteuve%25252Fprensa%25252Fnoticias%25252F6153536%25252F10%25252F14%25252FUna-coma-mal-puesta-corona-a-Pablo-Alboran-como-reina-de-la-musica-espanola.html&source=iu&pf=m&fir=SNH05_r2vcv6CM%253A%252CJQ2yXBo_Qw_PYM%252C_&usg=__PVXyO-exgwYrqmGHCtORn_pXyio%3D&ved=0ahUKEwj2mvH-7PXMAhWCDCwKHTTVA84QyjcIJQ&ei=VO5FV_agDIKZsAG0qo_wDA#imgrc=SNH05_r2vcv6CM%3A

Carlos L. Medrano dixo...

Seguro que ti tes tamén topado por aí algunha destas curiosidades verbais. Por certo, Churrus, moi bo o do titular de Alborán. Xa se sabe que unha coma pode cambiar o mundo. Se cadra, boto man da nova máis adiante.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...