25/09/2016

Tipografía emocional



Como vimos hai tempo, non é a primeira vez que o corpo humano se emprega como lenzo para xerar unha nova tipografía. Desta volta, a ilustradora e directora parisiense Béatrix de Gevigney decidiu ir un chisco máis aló co seu proxecto Human Type.

Primeiro pintou sobre o rostro de vinte e seis persoas cadansúa letra. Despois asignoulle a cada modelo un estado ou emoción que comezase pola súa letra, por exemplo: A de ahuri (aparvado), D de dubitatif (dubitativo), F de fatigué (canso), R es de rageur (rabioso), S de suprise (sorprendido)... Deseguido os «actores e actrices» interpretaron ese concepto e, clic!, unha foto (ou varias). Así, só restou escoller imaxe máis acaída. «Cando o suxeito cobra vida, a letra prégase á expresión da súa faciana», explica Béatrix. Todo conta: cellas arqueadas, boca entreaberta, ollos regalados... 


Aquí vedes unhas mostras en detalle. Unha tipografía emocional ideal, tamén, para practicardes o campo semántico dos sentimentos en francés.






Visto en unapalabra.


2 comentarios:

Xosé Luis dixo...

Paréceme unha idea imaxinativa moi novedosa cando hay un dito,que se formula as veces,no que dí que a faciana e o espello da alma,nerbargantes aquí dixéramos que é expresión actora mesmo.

Carlos L. Medrano dixo...

É que a imaxinación dos tipógrafos non ten límites!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...