Este vídeo é xa do ano 2008, mais dei con el hai pouco. Trátase dunha fermosa recreación en tipografía animada do caligrama «Il Pleut», de Guillaume Apollinaire, realizada polo laboratorio de deseño do Politécnico de Milán. Imaxino que, de Apollinaire ter nacido nos nosos días, sería deseñador gráfico e as súas pezas, con seguridade, videopoemas coma este, coa tipografía a moverse á vontade.
A comezos do século pasado, en plena efervescencia do cubismo pictórico, algúns poetas decidiron cuestionar tamén as regras da súa arte verbal e facer da disposición gráfica dos textos elemento fundamental dos poemas. Debuxar con versos, como lle chamamos aquí, aproximando a poesía á pintura, facendo que o texto se transforme tamén en imaxe, ata obter un todo perfecto. Deste xeito naceu, hai xustiño 99 anos Calligrammes, a obra mestra que contén «Il Pleut».
Arriba tedes o poema orixinal e deseguido, por se non vos resulta doado de ler, o texto convencional en francés coa súa tradución ao galego.
Il pleut des voix de femmes comme si elles étaient mortes même dans le souvenir / c’est vous aussi qu’il pleut, merveilleuses rencontres de ma vie. ô gouttelettes! / et ces nuages cabrés se prennent à hennir tout un univers de villes auriculaires / écoute s’il pleut tandis que le regret et le dédain pleurent une ancienne musique / écoute tomber les liens qui te retiennent en haut et en bas
«Choven voces de mulleres coma se estivesen mortas mesmo na lembranza / chovedes tamén vós, marabillosos encontros da miña vida, ¡oh, pinguiñas! / e esas nubes empinadas póñense a rinchar todo un universo de cidades auriculares / escoita se chove mentres que a mágoa e o desdén choran unha antiga música / escoita caeren os lazos que te reteñen enriba e embaixo»Por certo, unha curiosidade final: descubrín casualmente estes versos no poema «L‘arbre» do mesmo poemario Calligrammes de Apollinaire.
La plus grande tristesseAlgo así como:
C’est quand tu reçus une carte postale de La Corogne
«E a maior das tristurasSe queredes coñecer a curiosa historia desa postal que lle foi enviada a Apollinaire desde A Coruña, lede este magnífico artigo de Xoán Abeleira en La opinión.
Sentes cando recibes unha postal da Coruña»
Ningún comentario:
Publicar un comentario