21/01/2013

Os ludolingüistas de Lectoriño


Hoxe toca recomendar unha bitácora cunha inesgotable enerxía lúdica. Trátase de Lectoriño, o blog da Biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados

Desde o ano 2008, os amigos deste centro achégannos todo tipo de actividades recreativas arredor da lingua, sempre coa participación directa dos pequenos de Infantil e de Primaria. Baixo a etiqueta Rodari (en homenaxe a Gianni Rodari, xenial pedagogo, escritor e ludolingüista italiano), podemos atopar no blog adiviñas, xeróglifos, xogos de creación de pareados, de contos...

Unha chea de propostas que animan a espremer o noso enxeño e a gozar coa lingua de forma activa. Aquí deixo, en formato Scribd, dúas delas. A xogar!




Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...