17/06/2014

Viva a diversidade!



Os meus alumnos de 1º de Bacharelato do Fogar de Santa Margarida animáronse a realizar un traballo sobre a diversidade lingüística partindo da realidade do propio centro. Eu faleilles de Lips of Babel, ese anuncio publicitario cos beizos das modelos en primeirísimo plano a pronunciar trabalinguas de todo o mundo. E puxéronse mans á obra, materia prima tiñan abondo: chinés, árabe, alemán, xaponés, francés, portugués, inglés, caboverdiano, guaraní...

O resultado dese esforzo é este vídeo estreado xa no noso blog de Lingua: A chave e o mundo. Un alegato a prol do ecolingüismo e do respecto pola diversidade.

Aquí quedan algúns destes trabalinguas internacionais coa súa tradución:
Piriri parãrã kavara opopo ojupi oguejy ikupy oipiro. Charamuscas, ruído de lata: a cabra salta, sobe, baixa, pela a pata. (guaraní)
Un chasseur sachant chasser doit savoir chasser sans son chien. Un bo cazador debe saber cazar sen o seu can. (francés)
Fischers Fritze fischt frische Fische. Frische Fische fischt Fischers Fritze. O pescador Fritz pesca peixe fresco. O peixe fresco é pescado polo pescador Fritze. (alemán)
I scream, you scream, we all scream for ice cream! Eu berro, ti berras, todos berramos por xeado! (inglés)
Basu gasu bakuhatsu. Explosión de gas nun autobús. (xaponés)
Como ben din nos créditos finais, parabéns ás familias por preservar ese prezado tesouro que é a diversidade lingüística!

2 comentarios:

@asnosasletras dixo...

Parabéns polo fantástico traballo.
Convidámosvos a visitar o noso blogue e tamén a participar no proxecto As nosas letras.
Apertas
http://letrasgalegas.blogspot.com.es

Carlos L. Medrano dixo...

Moitas grazas.
Estaremos atentos tamén a que ocorre por letrasgalegas.blogspot.com.es

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...