Os nomes comerciais e os deseños de logotipos non adoitan crearse ao chou. A mente sempre fervente dos publicistas sérvese decote da ludolingüística para inspirar as súas creacións. Xa temos visto marcas monogramáticas, ambigramáticas e monovocálicas.
Hoxe, unha listaxe de nomes comerciais palindrómicos, é dicir, que tanto se len do dereito como do revés. Designacións que resultan eufónicas ao oído e brillantes á vista. Outro exemplo máis do enxeño creativo na publicidade. E a orde? Pois sinxelo, dos máis breves aos máis longos. Aí van:
Para moi nostálxicos, deterxente ESE
Máis deterxentes: OMO
Arroz valenciano SOS
Pegamento alemán UHU
Buscador para as vacacións KAJAK
Clara de ovo pasteurizada OVONOVO
Colectivo de deseño internacional OVONOVO
OROBORO, produtora audiovisual compostelá
3 comentarios:
Quedouche atrás o cacao AMA. Non atopei fotos de boa calidade na Rede, mais era habitual nas tendas da miña nenez.
Idea (non sei se xa a abordarías nalgunha publicación): topónimos palindrómicos (Ibi, Sas, Sos...).
Pois si, Churrus, aló atrás dedicámoslle unha entrada á rareza dos topónimos esdrúxulos.
http://xogosdelingua.blogspot.com.es/2015/09/de-neuquen-arra.html
Entre o que eu coñecía e o que foron dando nalgún comentario, apareceron varios: Arra, Orro, Sebes... e un fermosísimo Arieira! Eses que mencionas non saíran. Sas está en Sarreaus, e os outros?
Graciñas
Agora o lembro (glup!).Sos e Ibi non son galegos... xa sabes: o primeiro moi político-relixioso e o segundo tirando máis ao lúdico.
Publicar un comentario