É un feito contrastado que 9 dos 10 anos máis calorosos rexistrados ata hoxe ocorreron despois do ano 2000. E este ano 2017 vai camiño bater as marcas de todos os anteriores.
As emisións dos combustibles fósiles son o principal causante do quecemento global. Unhas emisións que, ademais, nalgunhas zonas do planeta provocan importantes danos para a saúde polo seu alto grao de concentración.
A imaxe de arriba é ideal para ilustrar este feito e tamén para acompañar o palíndromo de hoxe: son uns corredores do Maratón de Pequín do 2014.
Deseguido, un vídeo da organización Conservación Internacional que expón ás claras a nosa responsabilidade e, asemade, a nosa insignificancia. É a versión en portugués do Brasil, coa voz de Maria Bethânia, nada máis e nada menos.

Tradución:
«Notará monóxido», dijo en el maratón.
«He will perceive monoxide», he said in the marathon.
Ningún comentario:
Publicar un comentario