Hoxe é 1 de outubro. Bo día para reparar en que un palíndromo, mesmo bilingüe, pode darnos unha lección de vida, como ben viu o Leo Arremecághona. Sinal en vermello en inglés: Stop (Alto!). Sinal en verde en catalán: Pots (Podes!)
E como os palíndromos (e as palabras) sonche como as cereixas, que uns noutros se enguedellan, aquí vai unha serie de anuncios de lema reversible. Os primeiros, os orixinais (2-1-2009), de Fiat, creados pola axencia Leo Burnett de Sao Paulo (Brazil).
(A cera causa a súa calvicie)
Os seguintes, «menos orixinais» (26-1-2009), de Mercedes, obra de Jung von Matt/Limmat, de Zurich (Suíza).
(As potas nunca paran)
(Non entrarei en pánico nun pozo)
(Ah! Un maia nunha Yamaha!)
A idea en todos eles, vender as excelencias dos sensores de aparcamento e das cámaras traseiras: como nos palíndromos, igual de ben para adiante ou para atrás. Que bo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario