Hoxe, para comezar, un pequeno reto: reparade no texto destas camisetas, todas con personaxes do universo Marvel. Observades algo especial?
Pois, cun chisco de atención descubririades que cada enunciado é un ambigrama. Os nomes dos superheroes, que aparecen en vertical, ofrecen dúas lecturas: se rotas o texto cara á dereita, tes unha; se o rotas cara á esquerda, outra. Temos Spiderman / Peter Parker, Ironman / Tony Stark, Captain / America, Black / Panther, Doctor / Strange.
Todas as pezas son obra do deseñador Mark Palmer. Nado en Os Ánxeles, Palmer sentiu desde moi novo fascinación polo lettering e polos ambigramas. Unha afección que convertería en profesión. Deseña ambigramas para tatuaxes, para portadas de discos, para botellas de cervexa...
O seu último proxecto foi Red Chapter Clothing: unha empresa dedicada á comercialización de roupa con deseños baseados integramente en ambigramas. Aquí nos fala de como xurdiu a idea que crear as camisetas dos superheroes de Marvel. Creo que lle vai ben o negocio a Mark!
Ningún comentario:
Publicar un comentario