E por fin, con este capítulo 10, finalizamos a nosa «Gramática xeroglífica». Xa sabemos que o xeróglifo pode conter múltiples elementos: unha letra, un número, unha palabra, un debuxo... Na entrada anterior desta serie vimos que, ás veces, é pertinente reparar no que estes elementos fan. Hoxe descubriremos que tamén cómpre prestar atención ao que din.
Noutras palabras, os elementos que compoñen o xeróglifo con frecuencia falan a través dun bocadillo ou globo coma os dos cómics. Tócanos daquela interpretar adecuadamente esas intervencións: o contido do que se di, se se afirma, se se nega, se se mente...
Aquí vos deixo catro xeróglifos para que poñades en práctica estas orientacións. Ánimo, que non son difíciles!
Para quen son eses agasallos? |
Que percorrido faredes hoxe coas motos? |
Cantos días estarás aquí? |
Onde naceu ese corredor de fondo? |
Completado este curso ludolingüístico avanzado, quedades nomeados membros de honra do «exclusivo» club Xogosdelingua. ;-D
Ah!, e lembrade que, se queredes seguir rompendo a cabeciña, cada día vos ofrezo un xeróglifo novo na edición en papel de La Voz de Galicia.
Solucións aos xeróglifos (20-7-2012): É covarde (E C o V arde) / Aí anda (A i anda) / Es alta de máis (E salta de máis) / Estevo a Cee (Es te voa ce e).
Ningún comentario:
Publicar un comentario