En 1969 o xenial escritor francés Georges Perec escribiu a novela La Disparition, unha obra atípica que serviu de inspiración a moitos autores posteriores. Un dos enfeitizados por Perec foi o divulgador vasco Mikel Agirregabiria que, seguindo o modelo de La Disparition, creou o relato «Descubre un secuestro sorprendente». En Sherezade. Novos relatos de pensamento creativo, permitinme facer unha adaptación ao galego deste enigmático texto. Titúlase «Un roubo sorprendente»:
Neste requintado texto do profesor e escritor Mikel Agirregabiria dáse conta dun estraño roubo:
«Foi un roubo sorprendente. Nun comezo, ninguén soubo percibir que o insólito e único tesouro, o precioso recurso insubstituíble, fose removido. O suceso continuou oculto, escondido e recóndito.
Porén, un sutil detective (posiblemente vostede, meu querido lector) pode comprender o sucedido. Ou pode que lle custe un bo período de tempo descubrir neste documento o mesmo embuste, que foi sedución e secuestro.
En 1969, o escritor Georges Perec publicou un folletín (de título “Eclipse”) no que suxire o descubrimento dun homólogo procedemento de furto. Só no último episodio se descobre o que se desdebuxou desde o primeiro inicio e que persistiu como o fío condutor de todo o conto de ficción, que non se describe senón concluíndo os últimos conceptos do libro, escrito cun perfecto discurso que se estende en todo momento deste monumento retórico e poético.
E se con todo isto escrito e sendo moi curioso non o pode responder, debe concluírse que, ou vostede é cego que non ve o que ten en fronte, ou o seu entendemento non excede en erudición e coñecemento, porque pode prescindir tristemente deste símbolo superior».
Despois de ler isto, poderías ti descubrir cal é o elemento roubado?
Supoño que, se prestades un chisco de atención, non tardaredes en descubrir que o elemento desaparecido é a letra «a». O relato é, sen máis, un lipograma (do grego lipo- ‘carecer de’, ‘estar falto de’ + -grama ‘letra’), un artificio ludolingüístico que consiste en omitir unha letra do alfabeto na escrita dun poema, dun conto, dunha novela ou de calquera outra obra literaria.
A tradición lipogramática remóntase á Grecia clásica. No século VI a. C. Laso de Hermione suprimiu a letra sigma na súa «Oda aos centauros» e nun «Himno a Démeter». Néstor de Laranda, no século III d. C, reescribiu a Iliada eliminando a alfa do primeiro canto, a beta do segundo... e así ata acabar coas vinte e catro letras do alfabeto grego e os correspondentes cantos da epopea homérica.
En 1641 o español Alonso de Alcalá y Herrera publicou Varios efectos de amor, composta de cinco novelas curtas en cada unha das cales se prescinde dunha das cinco vogais.
O alemán Franz Rittler, na novela Die Zwillinge, de 1813, conseguiu a proeza de evitar a letra «r», a consoante mais común na lingua alemá.
En 1939, o estadounidense Ernest Vincent Wright estreouse como escritor coa novela Gadsby, que contén aproximadamente 50.000 palabras, mais en ninguna aparece a letra «e». A lenda conta que o autor mesmo chegou a atar a tecla desa letra na súa máquina de escribir.
Mais foron os membros do grupo Oulipo os que nos anos 60 do século pasado tiraron máis partido desta arrevesada técnica. Raymond Queneau incluíu algúns lipogramas no seu xa clásico Exercicios de estilo. E, sobre todo, Georges Perec, co que comezamos este post, que escribiu La Disparition sen empregar un só «e», a letra máis frecuente do francés.

Quen se atreve a crear un texto breve (poema, relato...) coa técnica do lipograma? Escollede a letra que vos pete.
Solucións aos xeróglifos (22-9-2012): Para vós (Par avós) / De Zas a Teo (Dez ás ateo) / Un soamente (Un só a mente) / En Etiopía (Ene tío pía).
Ningún comentario:
Publicar un comentario