21 de abr. de 2015

Libros que forman letras


Aí están! Non son letras que forman libros, senón libros que forman letras. Libros de pé, deitados, amoreados... que acaban por representar letras perfectamente lexibles. Vía El espejo lúdico dei con esta feliz idea de Chan Hwee Chong, deseñador gráfico de Singapur que traballa en Beixing e que tamén comparte a nosa paixón pola tipografía. Fermoso e orixinal!

Na véspera do o Día do Libro non se me ocorreu mellor idea para conmemoralo. Aquí vos queda a tipografía completa e unha cita que sempre me gustou. 
«Dos diversos instrumentos inventados polo home, o máis abraiante é o libro; todos os demais son extensións do seu corpo… Só o libro é unha extensión da imaxinación e da memoria». Jorge Luis Borges.






Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...