17/04/2015

Recoñeces este tipo?


Tan sinxelo como recoñecer o tipo de fonte que se nos presenta. Times New Roman? Arial? Monaco? Helvetica Neue?... Así son os dous novos xogos on line que acrecentan a nosa colección de tipografía lúdica. Dous sinxelos pasatempos que poñen a proba os nosos coñecementos de tipografía.

The Rather Difficult Font Game, creado polo blog I Love Typography, é un xogo onde precisas identificar, entre catro posibles, a fonte á que corresponden uns caracteres. 

http://ilovetypography.com/fontgame/

E a seguir, Typewar, baseado no mesmo procedemento mais desta volta con só dúas posibles alternativas para elixir.

http://typewar.com/

A tipografía axuda a establecer unha personalidade distinta, única, nos teus textos. Saber recoñecer e empregar as distintas fontes é unha habilidade poderosa. Así que xa sabes... a adestrar!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...