«Os tipos deberían moverse». Pois... si! Como vemos, sobre fondo negro, con roupa negra, cun xersei de cor e con algo de movemento, xa é posible recrear todas a letras. Sen máis.
Cada día convénzome de que o mundo dos alfabetos creativos é un océano infindo. En Xogosdelingua podería facer publicacións un día si e outro tamén cos abecedarios máis alucinantes e non parar.
Hoxe entroume polo ollo este alfabeto de Amandine Alessandra que chamou Letterform for the Ephemeral. Tivo tanto éxito que mesmo chegou a desenvolvelo en campañas publicitarias.
Amandine é da Provenza, mais no ano 2003 estableceuse en Londres. Fotógrafa e deseñadora gráfica, especializouse, precisamente, en idear orixinais alfabetos fotográficos. Ten un feito a partir dunha cadeira, outro a base de libros, outro coas mans en movemento e mesmo algún feito con píxeles humanos. Abraiante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario