Aí falaches, José María! Un verdadeiro «coñazo», abofé! Pasaron xa dez anos desde este episodio de Aznar (no Parlamento Europeo) e consola ver como os propios protagonistas admiten, sen complexos, o carácter artificioso e soporífero do seu discurso.
Estamos xa en precampaña electoral e día a día podemos ver como o discurso político semellou quedar baleiro. Na maior parte dos casos, por desgraza, converteuse nunha mensaxe ritual e sen contido que só intenta enmascarar o evidente: a desvirtuación da democracia convencional e a súa subordinación ao poder dos mercados.
En fin, o curioso é que mesmo deste triste contexto a ludolingüística pode tirar partido. Propóñovos xogar coa seguinte táboa. É unha versión reducida da aparecida no artigo orixinal «O código universal do discurso político-burocrático», publicado na Revista de Varsovia (Zycie Varszawv) da Polonia comunista de hai máis de tres décadas.
Trátase dunha brincadeira estudantil que buscaba caricaturizar a artificiosidade e vacuidade da linguaxe política oficial. Empregar a táboa é ben doado:
— Comeza polo primeiro enunciado da primeira columna (Amigas e amigos...).As miles de combinacións posibles permiten crear un discurso fluído de varias horas. Un discurso interminable e, asemade, totalmente baleiro. Ánimo e a poñer en práctica a vosa habilidade como oradores do «bla, bla, bla»!
— Continúa con calquera frase da segunda columna, logo con calquera da terceira e despois con calquera da cuarta.
— O proceso repítese unindo de novo como se queira os enunciados das sucesivas columnas.
E a xeito de peche, convídovos a visitar esta ligazón e liberar gargalladas co cómico sevillano Alfredo Miñambre, lider do «Partido En Dous», que ridiculiza tamén, en ton de humor, o discurso político.
2 comentarios:
Moi bo,Carlos. Collerei a idea prestada para as miñas clases de inglés. ApERTAS
xtOMÁS
Grazas, XTomás. Dá gusto saber que caes por aquí de cando en vez. Colle todas as ideas que queiras, para iso está o blog: ideas que bulen de aquí para alá.
Por certo, a ver se un día quedamos para tomar un café. Temos que poñernos ao día.
Publicar un comentario