Se cadra John Lennon, Albert Einstein, Leonardo de Vinci, Pablo Picasso ou Steve Jobs eran malos soletreando, mais todos eles compensaron iso cunha gran capacidade para ser creativos e para pensar de maneira diferente. Todos eran, ou crese que eran, disléxicos!
En verdade, a dislexia non é a incapacidade de ler. A mente disléxica funciona de xeito diferente e debe aprender tamén dunha forma distinta. A súa aprendizaxe resulta máis eficaz se é multisensorial.
Esta idea foi o xerme do libro The dancing letters, que basea a súa metodoloxía nos «pop-ups» ou ventás emerxentes. Grazas a ela, os nenos disléxicos interactúan co libro nunha experiencia visual e táctil, de xeito que poden lembrar mellor as diferenzas entre unhas grafías e outras: a distinción entre «b» e «d», entre «n» e «u»... Un grande recurso lúdico e manipulativo deseñado en Bombai (na India) pola xente de Maharashtra Dyslexia Association. A obra foi repartida de balde a nenos disléxicos, a pais e tamén a profesores da súa comunidade.

De novo, unha proveitosa forma de empregar o divertimento e o xogo para mellorar as aprendizaxes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario