A dor non é sempre obvia. Para amosar como a miúdo omitimos os signos de advertencia, creamos ambigramas e imprimimos os anuncios ao revés en revistas. A primera vista, o lector ve unha frase positiva. Mais cando o anuncio é invertido, a copia revela un sentimento realmente oposto, a revelación dos sentimentos ocultos dos que están perdidos e deprimidos.
«Estou ben» / «Sálvame»
Os sinais están aí se ti sabes lelos. Axúdanos a salvar unha vida antes de que sexa tarde de máis.
Así explican desde a ONG Samaritanos de Singapur, dedicada á prevención do suicidio, a idea que hai detrás da campaña The Hidden Pain (‘A dor oculta’).
Ao xirarmos 180 graos cada imaxe, as frases positivas transfórmanse en mensaxes de dor, desesperación e socorro:
Ao xirarmos 180 graos cada imaxe, as frases positivas transfórmanse en mensaxes de dor, desesperación e socorro:
I´m fine / Save me (‘Estou ben’ / ‘Sálvame’)Realmente expresiva e enxeñosa esta campaña, descuberta en Espejo lúdico.
I feel fantastic / I´m falling apart (‘Síntome xenial’ / ‘Estoume a derrubar’).
Life is great / I hate myself (’A vida é xenial’ / ’Ódiome’)
Ningún comentario:
Publicar un comentario