A galiña azul (1969) foi un dos títulos pioneiros na literatura galega para os máis pequenos. Con el, aló por 1968, Carlos Casares resultou gañador do I Concurso de Contos Infantís organizado pola Asociación O Facho da Coruña.
Unha obra presentada en forma de carta a unha nena, Ana, e dividida en cinco relatos: «Querida Ana», «O peixe da fonte do xardín», «A bomba da felicidade», «A galiña azul», «A formiga esquiadora» e «O final da historia da galiña azul». Narracións que constitúen un canto da fantasía e unha defensa da liberdade e da diversidade.
Con todo, hoxe, A galiña azul vén a Xogosdelingua por conter unha das poucas linguas de ficción das nosas letras: o papapío, un idioma inventado por Leoncio, un tolo con manía de electricista, co que é posible falar con paxaros e formigas.

A bomba da felicidade inventouna o Leoncio unha noite que durmíu nun portal pasando moito frío. Para botala teráse que subir nun paxaro e voar un quilómetro ceo arriba. Cando suba ben alto, tenlle que decir o paxaro en idioma «papapío»: «Paspallis pío pío pían», que quere decir: «Prepárate que imos botar a bomba». Entón o paxaro respóndelle «Raspapín pau», que quere decir: «Estou preparado».
Cando diga esto, o Leoncio abre a mau dereita e deixa caer a bomba que é moi pequeniña. No pobo onde estoura, aparecen de repente vinte bandas de música tocando alboradas, pasodobles, muiñeiras e demáis. Chove roscós, rosquillas, e globos de cores. E por se fora pouco, o ceo ponse todo azul e o sol non queima. E a xente sinte unha grande felicidade.
Carlos Casares, A galiña azul.
Neste ano, con Carlos Casares como protagonista do Día das Letras Galegas, aquí queda esta pequena homenaxe. Para divulgar a súa figura e a súa obra, diversas propostas didácticas xa están en marcha. En Primavera das Letras, espazo promovido pola RAG, ou nesta sección da Fundación Carlos Casares podes atopar moitas delas.
De entre todas, como peche, seleccionei esta adaptación musical d’A galiña azul, con coreografía de vasos. Unha actividade do alumnado do IES Carlos Casares de Vigo a partir da coñecida melodía irlandesa de «The Cup Game». Gran traballo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario