Quen teña a sorte de dominar o éuskaro poderá gozar de Zerorajasoa, a web ludolingüística do ermuarra Markos Gimeno (Markus), que xa nos visitou por aquí en dúas ocasións.
Este proxecto na rede naceu no 2007 e contén propostas diversas: desde promocións dos seus espectáculos á venda de produtos como camisetas ou bolsas; desde sonetos a obradoiros de palíndromos...
Con todo, o que máis me gusta de Zerorajasoa é o reto palindrómico semanal. Markos Gimeno ofrece cada luns un «palíndromo oculto» que debe ser desvelado mediante tres axudas: o título (que anticipa sumariamente o tema do palíndromo), a pista (que achega, normalmente en forma de pareado, información adicional) e os números (que precisan o número de letras que contén cada unha das palabras do texto capicúa).
Título:
Trigonometrika librean
Pista:
Berbez eta patsadaz, sinbolo sikua.
Bi hanka berdin daukazu, triangelua.
Números:
4, 6, 4 6. 6 2, 8.
Unha proposta lúdica que cada semana pon á proba o enxeño dos seus seguidores. Así o explica o propio Markus:
Cada luns meto un exercicio que consiste en acertar o «palíndromo oculto». Hai una estrutura numérica que di o número de palabras e cantas letras. [...] Animeime a incluír versos e a xente responde. Tómoo con seriedade e cada luns ás 8 da mañá inclúo un palíndromo, porque hai xente que está aí.
Mágoa que eu de éuscaro, de momento, nin papa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario