A actriz e modelo Elle Fanning apareceu no pasado mes de maio por primeira vez, seica, na portada de Vogue. Para celebralo, os directores Ariel Schulman y Henry Joost realizaron, por encargo da revista de moda, esta curtametraxe titulada Elle Fanning’s Fan Fantasy, unha peza chea de sentido de humor e de espírito ludolingüístico.
O xogo parte da idea de explotar todas acepcións de Fanning, o apelido da moza: o verbo to fan pode significar ‘abanar ou abanicar’ mais tamén ‘animar, alentar’; o substantivo fan significa ‘abano’ ou ‘ventilador’ e ademais ‘admirador/a’ ou ‘seguidor/a’. A partir de aí, un xogo de palabras detrás doutro, case unha sucesión de cómicos trabalinguas. E sempre en divertidas escenas cheas de creatividade e de estilo.
Unha mestura perfecta de enxeño e sentido do humor.
Unha mestura perfecta de enxeño e sentido do humor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario