A revista brasileira Serrote, especializada en artes visuais e literatura, publicou hai uns anos un número especial que incluía unha serie de retratos de escritores usando só as letras dos seus nomes: Carlos Dumond de Andrade, Joseph Conrad, James Joyce, Edgard Alan Poe, George Bernard Shaw, J. M. Coetzee, Oscar Wilde, Shalman Rushdie e Virginia Wolf.
Ao dar casualmente con estes pinacogramas, unha das miñas debilidades, comecei a pescuda. Ao parecer eran obra dun tal Roberto de Vicq, deseñador gráfico nado en Rio de Janeiro, aínda que instalado desde moi novo en Nova York.
Resultan admirables estes retratos pola súa beleza, pola súa expresividade e pola fidelidade cos rostros dos protagonistas. E cada imaxe coa súa propia tipografía!
Como podemos comprobar na web persoal de Roberto de Vicq, o proxecto dos retratos con letras xa xurdira nunha obra previa, Men of letters... (2007). Unha verdadeira marabilla con outras pezas abraiantes, como os retratos de Franz Kafka ou de Mark Twain.
Recomendación final, paseardes devagar polo recuncho na arañeira deste deseñador para gozar de todos os seus outros proxectos: ilustración, logos, carteis...
Recomendación final, paseardes devagar polo recuncho na arañeira deste deseñador para gozar de todos os seus outros proxectos: ilustración, logos, carteis...
Ningún comentario:
Publicar un comentario