6 de nov. de 2017

Chegan as bólas de neve


Hai xa tempo dei en Microsiervos con esta imaxe. Palabras que crecen e decrecen penduradas en gran formato no exterior do Instituto Cervantes, en Madrid. Un enredo verbal que consiste, sen máis, en facer series de voces correctas cun número crecente (ou decrecente) de letras, de xeito que as maiores inclúen dentro delas as menores: id, vid, vivid, revivid, sobrevivid.

Este xogo de palabras lembra en parte as «bólas de neve» do grupo Oulipo. Unha «bóla de neve» é un poema cuxos versos están compostos por unha única palabra, co requisito de que cada unha teña unha letra máis cá anterior (se a serie vai en orde crecente) ou unha menos (se vai en orde de crecente). Por exemplo:
E (1)
eu 
(2)
son 
(3)
unha 
(4)
verba 
(5)
lúdica 
(6)
riseira 
(7)
vibrante 
(8)
evocadora 
(9)
argalleira (10) 
Aí está a bóla verbal rodante a medrar letra a letra pola ladeira nevada abaixo, ata onde a imaxinación nos dea. E coa bóla a se derreter, perdería unha letra en cada verso. Outro exemplo máis da produtividade das restricións destes xenios oulipenses.

O amigo Cibrán, desde Carta Xeométrica, deume a coñecer a convocatoria dun Concurso de «Bólas de Neve Matemáticas» convocado pola UPV. En castelán e en éuscaro. Alguén se anima a participar? Aínda hai tempo.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...