Volve un clásico de Xogosdelingua: os xogos de palabras dos nosos humoristas gráficos. Hoxe toca a paronimia, esa relación entre dúas palabras con significados diferentes mais con significantes relativamente próximos (testo - texto, arteira - arteria, agradar - agardar...). Como xa temos visto en máis entradas, esa semellanza formal é o factor que propicia a confusión, a ambigüidade e, ao cabo, a graza.
Arriba tedes catro pezas de catro mestres do chiste gráfico galego: Luís Davila, Xosé Lois, Santy Gutiérrez e María José Mosquera. Todas elas baseadas no recurso da paronimia. Poderías explicar como actúa este mecanismo en cada caso?
Ningún comentario:
Publicar un comentario