Achégase unha boa ponte. Se cadra, é a ocasion propicia para pasar uns días a percorrer o país. O difícil, como vemos no palíndromo de hoxe, é elixir. Aquí queda o texto reversible coa súa correspondente ilustración. Que camiño coller? Cara a Melide? Cara a Serres? Cara a Ares? Resolvede vós o espiñento dilema.
Claro que, de quererdes ampliar o abano de posibilidades, podedes aproveitar tamén este singular vídeo de Carlos Meixide, 50% d’Os da Ría e campión galego (in pectore) de memorización toponímica. É posible que ao escoitalo se vos ocorran outros posibles destinos. Como diría Risco: «Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo». Por topónimos que non sexa! Abadín, Abegondo, Agolada, Alfoz, Allariz... Todo un alfabeto de posibilidades! Ha, ha!
Ningún comentario:
Publicar un comentario