10 de xan. de 2018

A outra microtoponimia [2]


Sabía eu que acabaría aparecendo algún microtopónimo mínimo pola xeografía galega. Grazas á axuda de Cibrán, soubemos de A O, a parroquia muxiá dunha soa letra (co seu correspondente artigo). Por iso, a xeito de addenda, aquí queda este novo comentario. 

Como podemos ver nesta ligazón, A O é realmente un haxiotopónimo, isto é, un topónimo orixinado polo nome dun santo ou dunha santa. Neste caso trátase da Nosa Señora da O. Aínda que esta virxe ten dedicadas capelas por diferentes lugares de Galicia, foi no concello da Costa da Morte onde deu lugar á forma abreviada O, tamén recollida coa variante On

Graciñas, Cibrán, pola impagable achega! 

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...