Xa vimos na entrada dedicada ao Elucidario de Gonzalo Navaza a produtividade humorística do recurso da paronimia. Basta un pequeno cambio nunha palabra para lle dar un novo sentido cheo de comicidade e retranca (filolorxía, perifeira, deambulir, tabernícola...).
Este recurso aprovéitao de forma brillante o debuxante e humorista gráfico catalán Eduard Fortuny no seu blog humortonto.blogspot.com. Nel crea sinxelas pezas gráficas que ilustran en clave de humor as voces máis ocorrentes. Velaquí algunhas delas, que son válidas tamén en galego:
artellería elevadora
himnotizar ornitorrinolaringólogo
minitauro Al Capón
A pesar do título deste blog, trátase, sen dúbida, dunha magnífica mostra de «humor intelixente», humor ludolingüístico intelixente.
Seguro que a todos se nos ocorren outras divertidas ilustracións para voces coma tabernícola, deambulir, perceberancia, inverosimio ou outras recollidas no Elucidario. Alguén se anima?
Ningún comentario:
Publicar un comentario