Os xeróglifos constituíron o sistema de escritura dos antigos exipcios entre o 3300 a. C. e o século IV d. C. Hoxe, con este nome, designamos tamén un pasatempo que consiste en interpretar os signos (letras, números, debuxos...) contidos nun recadro para lle dar resposta a unha cuestión dada. Noutras palabras, podemos definilo como unha «adiviña gráfica».
Hai quen di que, fronte ao encrucillado (baseado máis no «saber cultural»), o xeróglifo ten un carácter máis «intelectual», xa que nel participa decisivamente a imaxinación e a creatividade. Eu concordo con esta idea. O xeróglifo é, no sentido máis literal, un «xogo de enxeño». Con todo, ao longo de diversas entradas intentarei ir amosando que, como toda linguaxe, o xeróglifo posúe certa «gramática»: un conxunto de regras que rexen a súa construción e a súa interpretación. Isto pode axudarnos a gozar máis á hora de resolvelos e tamén, por que non, á hora crealos. E comezaremos polas estruturas máis sinxelas:
Todo xeróglifo presenta cando menos un único signo; é dicir, consta como mínimo dun elemento. Este pode ser, como xa indicamos, unha letra, un número, unha palabra, un debuxo... A resolución nestes casos consiste en nomear, definir ou dar sinónimos dese elemento, para logo descubrir nesas palabras (a través de dobres sentidos, do calembur ou doutras técnicas) a resposta á pregunta correspondente. Tendo en conta isto, poderiades resolver estes catro exemplos?
Canción completa (14-3-2012): Da banda de alá do río, / pin!, zas!, fogo, Nicolás! / sempre cantar escoitei, / rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! / Eran os meus compañeiros / pin!, zas!, fogo, Nicolás! / rapaces que cantan ben. / rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! // Da banda de alá do río, / pin!, zas!, fogo, Nicolás! / teño un can e unha cadela, / rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! / Cando me escoitan cantare, / pin!, zas!, fogo, Nicolás! / unha laia e outro berra, / rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!
Ningún comentario:
Publicar un comentario