8 de mar. de 2012

Xenial Carrabouxo


Neste 2012 no que andamos o Carrabouxo fai xustiño trinta anos, aínda que pareza maior. Tráenos un sorriso diariamente desde as páxinas de La Región da man do seu creador Xosé Lois. Tamén o temos en formato libro e mesmo nunha serie de animación. Un Carrabouxo cargado de retranca e de «saber ludolingüístico», como demostra a súa capacidade de revirar as nosas palabras ata lles atopar os sentidos máis hilarantes. Entre os seus recursos máis habituais: a polisemia, a homonimia, a paronimia e o calembur.

Polisemia: unha palabra que posúe diferentes significados (folla ‘da árbore’ - folla ’de papel’).
Homonimia: dúas palabras diferentes que coinciden, casualmente, no seu significante (saia ‘verbo saír’ - saia ’peza do vestiario’).
Paronimia: relación entre dúas palabras distintas con significantes moi parecidos (absolver - absorber).
Calembur: xogo de palabras que xorde ao segmentar doutro xeito as sílabas dunha ou de máis palabras de xeito que estas cambian de significación (claramente - Clara mente).

Seguro que sodes quen de descubrir que exemplos destes recursos se empregan deseguido:



Solucións aos xeróglifos (3-3-2012): Segundo de dereito / Arriba non cho ve (Arriba non chove)

2 comentarios:

olga dixo...

Un placer, Carlos. Veño de mandarlle o enlace a algunhas persoas que, traballando en territorios linguísticos, saberán valorar este espazo web como se merece.
Vento nas velas!

Carlos L. Medrano dixo...

Graciñas, Olga.
Xa sabes, algúns temos o formigo no cu e non podemos parar quietos. E cando non hai vento, poñemonos a soprar ;-)
Unha aperta moi forte.
Seguimos en contacto.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...