Onte xogosdelingua recibiu unha boa noticia. Desde trafegandoronseis decidiron agasallarnos co honorífico Liebster Blog («o meu blog favorito», en alemán).
Sempre é motivo de alegría saber que as achegas dun blog «novato» coma este son ben recibidas; mais se o recoñecemento vén dunha bitácora referente que admiro e sigo con asiduidade (e que xa superou hai tempo as 5000 entradas), a satisfacción aínda é maior.
Con orgullo lucirei na barra lateral o logo deste galardón simbólico.
O Liebster Blog é unha iniciativa que xorde cun «positivo espírito viral»: os autores/as dos blogs premiados poden, se o desexan, contribuír a multiplicar a cadea de recoñecementos coas seguintes normas:
- Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo con aquel que cho otorgou
- Premiar outros cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para lles notificar que gañaron o premio.
- Confiar en que continúen a cadea premiando á súa vez os seus cinco blogs preferidos.
aprofa.blogspot.com.es: pola súa xenerosidade en propostas, materiais, iniciativas...
ascandongasdoquirombo.wordpress.com: por compartiren esas experiencias artísticas tan fascinantes.
ascandongasdoquirombo.wordpress.com: por compartiren esas experiencias artísticas tan fascinantes.
humorgz.blogaliza.org: polo refacho de aire fresco que nos trae o seu humor irreverente.
ollapoloburatinho.blogspot.com.es: por permitirnos descubrir tantas cousas ao outro lado do buratiño.
ollapoloburatinho.blogspot.com.es: por permitirnos descubrir tantas cousas ao outro lado do buratiño.
2 comentarios:
Ola Carlos.
Moitas grazas!!!!!!!
É un pracer traballar sabendo que hai persoas coma ti do outro lado valorando o que se fai.
Perdoa pola tardanza na resposta, pero é que a semana pasada foi de vértigo!!!!
Unha aperta moi agarimosa
Que menos!
Espero poder seguir descubrindo cousas marabillosas polo buratiño.
Un bico.
Publicar un comentario